Pasar al contenido principal

Encontro en Matemáticas para debater sobre os avances nos modelos electromagnéticos e as súas aplicacións industriais

Unha trintena de especialistas de varios países reúnense entre os días 25 e 28 deste mes na Facultade de Matemáticas para asistir ao Workshop on numerical electromagnetics and industrial applications (NELIA 2011) que organizan docentes do Departamento de Matemática Aplicada da USC baixo o patrocinio do proxecto Consolider Ingenio Mathematica. O encontro será inaugurado este martes 25 ás 9.45 horas polo reitor Juan Casares Long. A simulación numérica xoga na actualidade un papel moi importante na enxeñaría eléctrica e nas telecomunicacións para deseñar e operar un gran número de dispositivos e procesos industriais como son as máquinas eléctricas, os sistemas de quentamento por indución, os fornos de microondas, os transformadores, os teléfonos Móbiles ou a transmisión por fibra óptica. As ecuacións matemáticas que modelan os fenómenos electromagnéticos resólvense mediante métodos numéricos con axuda de ordenadores, o que permite facer experimentos virtuais de gran interese para a optimización dos deseños. O workshop tratará sobre os últimos avances neste campo e incluirá tamén presentacións sobre aplicacións industriais da simulación electromagnética.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2011.