Pasar al contenido principal

Analizan en Matemáticas os últimos avances nos modelos electromagnéticos e as súas aplicacións industriais

En NELIA 2011 participan un trintena de especialistas de varios países
En NELIA 2011 participan un trintena de especialistas de varios países

Unha trintena de especialistas de varios países reúnense ata o 28 deste mes na Facultade de Matemáticas para asistir ao Workshop on numerical electromagnetics and industrial applications (NELIA 2011) que organizan docentes do Departamento de Matemática Aplicada da USC baixo o patrocinio do proxecto Consolider Ingenio Mathematica. O encontro inaugurouno este martes o reitor Juan Casares Long. A simulación numérica xoga na actualidade un papel moi importante na enxeñaría eléctrica e nas telecomunicacións para deseñar e operar un gran número de dispositivos e procesos industriais como son as máquinas eléctricas, os sistemas de quentamento por indución, os fornos de microondas, os transformadores, os teléfonos Móbiles ou a transmisión por fibra óptica. As ecuacións matemáticas que modelan os fenómenos electromagnéticos resólvense mediante métodos numéricos con axuda de ordenadores, o que permite facer experimentos virtuais de gran interese para a optimización dos deseños. O workshop trata sobre os últimos avances neste campo e inclúe ademais presentacións sobre aplicacións industriais da simulación electromagnética.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.10.2011.