Pasar al contenido principal

Acto fin de carreira da XIII promoción de Enxeñaría Química

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría acollerá este sábado 4 o acto fin de carreira da XIII promoción de Enxeñaría Química da USC que vai presidir o reitor Juan Casares a partir das 11:30 horas. Na quenda de intervencións, sucederanse Óscar Pardo, en representación do alumnado, Alberto Arce, como padriño; o director do Departamento de Enxeñaría Química, Guimersindo Feijoo; o presidente do Colexio de Enxeñeiras e Enxeñeiros Químicos de Galicia, Antonio Cuevas; a xefa de planta de Alcoa San Ciprián; e o director da ETSE, Juan Lema. Á entrega de diplomas conmemorativos seguiralle a quenda de palabra do reitor Juan Casares que clausurará a sesión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2011.