Pasar al contenido principal

O Nobel de Medicina Richard Roberts participa a vindeira semana en ConCiencia

Richard Roberts, Premio Nobel de Medicina
Richard Roberts, Premio Nobel de Medicina
O científico británico é un firme detractor da política da industria farmacéutica no desenvolvemento de medicamentos

O Premio Nobel de Medicina en 1993, Richard Roberts, inaugurará a vindeira semana en Compostela a sexta edición do Programa Conciencia. A visita deste científico británico, coñecido pola denuncia que fai das farmacéuticas a quen acusa de ralentizar e mesmo frear o desenvolvemento de fármacos –“o fármaco que cura de todo non é rentable”, chegou a dicir recentemente a un xornal catalán-, inclúe, como é habitual, unha rolda de prensa, unha conferencia aberta ao público en xeral e unha reunión con persoal investigador. As actividades de Roberts en Santiago concéntranse nos días 8 e 9 de xuño, nos que terá unha comparecencia ante os medios de comunicación (o mércores 8) e a conferencia que pronunciará o xoves 9 ás 20:00 horas na Aula Sociocultural Novacaixagalicia (Carreira do Conde, 18) baixo o título Por que me gustan as bacterias?. Richard Roberts recibiu o Premio Nobel xunto con Phillip A. Sharp polo seu descubrimento dos intróns, fragmentos de ADN que están presentes nos xenes pero que non codifican información. O científico descubriu tamén que os xenes poden ser descontinuos, é dicir, que poden estar presentes no ADN en diferentes segmentos ben separados. Ao principio o achado fíxose nun virus típico causante de catarros, o chamado adenovirus, pero pronto se viu que estes intróns son frecuentes en organismos superiores, como o ser humano. O seu descubrimento non foi só de importancia capital como fundamento da moderna bioloxía, senón que o foi tamén para investigación médica orientada no eido do cancro e outras enfermidades. Richard J. Roberts

Richard Roberts (1943, Derby, Inglaterra, 1943) estudou Química en Inglaterra, pero foi en Estados Unidos onde desenvolveu a súa actividade docente e investigadora, concretamente en Harvard e no Cold Spring Harbor Laboratory de Nueva York. Desde 1992 dirixe os traballos de investigación do Biolabs Institute, de Beverly, (Massachusetts).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.06.2011.