Pasar al contenido principal

Rosa Cedrón presenta o concerto de Soas, un novo proxecto con Cristina Pato

As dúas intérpretes galegas actuarán en Lugo o mércores 15

Cristina Pato e Rosa Cedrón actuarán en Lugo o mércores 15 dentro da súa xira Soas e neste caso da man de Lugo Cultural . Soas, co quepretenden achegar a música clásica a todos os públicos, iníciase con Muller, o seu primeiro traballo discográfico e que será o que presenten en Lugo. Os detalles do concerto, enmarcado no ciclo Músicas a carón da Mosqueira, daraos Rosa Cedrón nunha rolda de prensa a celebrar este martes 14 ás 11.30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo. A esta presentación asisten ademais o vicerreitor Pedro Garcia Herradón; o responsable da obra social de Novacaixagalcia en Lugo, Sinesio Perez; o delegado provincial da Consellaría de Cultura, José Carlos Rodríguez Andina; e o cuarto tenente alcalde das áreas de Cultura, Deportes, Turismo e Educación, José Manuel Díaz Grandío. O recital das dúas intérpretes galegas terá lugar o mércores ás 20.30 horas na Praza de Santa María (en caso de choiva no Auditorio Gustavo Freire).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2011.