Pasar al contenido principal

O autor do proxecto de alarma sísmica para a capital mexicana dá unha conferencia na EPS de Lugo

‘Reparación de estruturas de formigón danadas por sismo’ é o título da conferencia que este martes 14 ás 11.00 horas na sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo ofrecerá Jesús Jiménez Iglesias, enxeñeiro civil pola Universidade Iberoamericana de México (UIA) e reputado experto en enxeñaría sísmica. Precisamente a súa experiencia investigadora levouno a ser o autor do proxecto de alarma sísmica de México DF. Jesús Iglesias Jiménez, con varios premios a traballos e artigos científicos, fundou en 1996 un grupo interuniversitario de enxeñaría sísmica formado por sete universidades mexicanas.

Iglesias é autor de más de 100 artigos e publicacións especializadas en enxeñaría sísmica e estrutural. Actualmente dirixe a empresa de consultaría CANDE Ingenieros S.A.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2011.