Pasar al contenido principal

O Consello de Goberno da USC aprobou a proposta de normativa sobre a permanencia dos estudantes nas titulacións de grao e máster

O Consello de Goberno aprobou na sesión deste mércores en San Xerome a proposta de normativa sobre a permanencia dos estudantes nas titulacións de grao e máster que agora se elevará ao Consello Social. A normativa responde ao establecemento de novas metodoloxía docentes asociadas á implantación do Espazo Europeo de Educación Superior que contempla a avaliación continua como forma de determinar o rendemento académico. Este documento establece os tipos de matrícula, a tempo completo e parcial, e determina criterios para a continuación de estudos, réxime e esgotamento de convocatorias.

Neste eido, a avaliación do rendemento académico e a revisión de cualificacións virá regulado a partir de agora por unha nova normativa tamén aprobada nesta xuntanza e que responde ao novo paradigma de ensino aprendizaxe no contorno universitario. O Consello de Goberno continuará esta xuntanza ao longo da tarde para tratar os diversos puntos incluídos na orde do día.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.06.2011.