Pasar al contenido principal

Preséntase en Lugo o Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza

Trátase dun posgrao inédito no ámbito das universidades españolas

O Campus de Lugo contará o vindeiro curso co Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, unha titulación que non se imparte noutra universidade española e que atende a un sector de traballo e emprego cada vez máis demandado. Este novo título da USC presentarao o mércores 15, ás 11:30 horas na Sala de Prensa da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, o seu coordinador, o catedrático de Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación da USC Eugenio Otero Urtaza, Premio Nacional de Investigación Educativa en 1990 e un dos máis recoñecidos estudosos da obra educativa da Institución Libre de Enseñanza. Trátase dun curso completamente inédito no ámbito das universidades españolas que reúne as temáticas de educación ambiental, educación ao aire libre, paisaxe e a arte en relación coa natureza xunto coa capacidades de xestión, organización e dirección de grupos e institucións

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.06.2011.