Pasar al contenido principal

Preséntase en Lugo o programa de actividades da Semana de Benvida

Do 24 ao 27 de outubro celebrarase en Lugo a Semana de Benvida que organiza Lugo Cultural por quinto ano consecutivo. As actividades presentaranse en rolda de prensa este xoves 20. Na rolda, que terá lugar ás 12.00 horas na Sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación, participarán o vicerreitor Pedro García Herradón, o tenente alcalde e responsable das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao Abelleira; o deputado provincial da Área de Cultura e Turismo, Mario Outeiro Iglesias; a xefe do Servizo de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez Fernández; e Sinesio Pérez Rodríguez, de NovaCaixaGalicia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.10.2011.