Pasar al contenido principal

A Academia de Ciencias e a Universidade da Habana premian o último volume publicado pola Cátedra de Cultura Cubana da USC

O último volume publicado pola Cátedra de Cultura Cubana Alejo Carpentier acaba de ser recoñecido co Premio de Investigación Universidade da Habana e co da Academia de Ciencias, o máis alto que se outorga a unha investigación en Cuba. Co título Lecturas cruzadas sobre ‘Memorias del subdesarrollo’ , a obra está asinada pola profesora e investigadora Astrid Santana Fernández de Castro e fai o número 9 da Biblioteca desta Cátedra Este título propón un novo achegamento ao filme de Tomás Gutiérres Alea de 1968, dende a exploración das escrituras que o rodean e os seus mapas de relacións culturais. O propósito deste estudo é a elaboración dun tecido crítico que estimule as lecturas transversais, a posta en diálogo dos referentes tanto do filme como da novela homónima de Edmundo Desnoes que deu orixe á cinta. O traballo de Santana Fernández pretende o discernimento de varias rutas posibles de interlocución das obras. Así, a autora expón a capacidade relacional de Memorias del subdesarrollo principalmente a través do ámbito literario, incluíndo textos de ficción, ensaísticos, de retórica política e epistolares.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.10.2011.