Pasar al contenido principal

Aberta a inscrición no curso de gravación e posprodución en HD

Desenvolverase do 17 ao 21 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación

Permanece aberto ata o día 13 o prazo de inscrición para o curso de gravación e posprodución en HD que terá lugar do 17 ao 21 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, enmarcado no programa de accións conxuntas da Plataforma para a Innovación e Experimentación en Contidos Dixitais da USC (CIDUS). O encargado de impartir o curso será Rafa Roche,director de fotografía e especialista en cine dixital. Dirixido a operadores de cámara, directores de fotografía, montadores e coloristas, analizaranse os sistemas actuais de HDTV e cinema dixital polo miúdo, facendo fincapé nas novas técnicas de gravación, novos codecs e equipos. Adquiriranse así as competencias necesarias para poder decidir cal é o sistema mais apropiado segundo a produción a realizar. O obxectivo é que os alumnos adquiran destrezas sobre a configuración dos equipos de HD e realicen prácticas con eles.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.10.2011.