Pasar al contenido principal

Inaugúrase este mércores na USC o centro tecnolóxico CETaqua Galicia

O Edificio Emprendia da USC acolle este mércores 5 a inauguración de CETaqua, un centro tecnolóxico de referencia estatal e internacional no estudo da auga. O acto, a desenvolver ás 12.30 horas, contará coa participación do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o reitor da USC, Juan Casares; o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa; e o presidente executivo de Aguas de Barcelona (Agbar), Ángel Simón. Logo dun breve percorrido polas instalacións, as autoridades descubrirán unha placa conmemorativa na entrada do edificio para, posteriormente, trasladarse a unha sala onde se desenvolverá unha quenda de intervencións. O Centro Galego de Investigacións da Auga, CETaqua Galicia, promovido pola USC, o CSIC, Aquagest e Agbar, nace co obxecto de realizar e difundir sen ánimo de lucro a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico na xestión integral da auga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.10.2011.