Pasar al contenido principal

Expertos en Física de Partículas da USC debaten os últimos experimentos do CERN sobre neutrinos

A observación de neutrinos a unha velocidade superior a da luz poderían, de confirmarse, poñer en cuestión a Teoría da Relatividade

Expertos en Física de Partículas da USC participarán este mércores 5 nun coloquio organizado pola Facultade de Física arredor dos últimos experimentos desenvolvidos no CERN e nos que se observaron neutrinos a un velocidade superior á da luz, o que poría en cuestión a Teoría da Relatividade, un dos piares da Física actual. Co lema ‘Neutrinos superlumínicos?’ a xornada comezará ás 19.00 horas na Aula Magna do centro, nesta ocasión organizada coa colaboración do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Intervirán Carlos Pajares, Bernardo Adeva, José A. Hernando, Enrique Zas e Joaquín Sánchez Guillén, que se referirán nas súas respectivas intervencións á produción e detección de neutrino en OPERA, á astrofísica de neutrinos e a realizar unha análise crítica teórico-práctica dos experimentos. O obxectivo é desenvolver unha xornada con rigor pero tratando de ser o máis asequible posible co obxecto de favorecer o coloquio entre docentes e o alumnado. Esta actividade, incluída nos ciclo da Facultade de Física, xurde a raíz dos resultados presentados recentemente polo experimento OPERA de observación de neutrinos producidos no CERN e detectados no laboratorio do Gran Sasso en Italia, a 730 quilómetros de distancia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.10.2011.