Pasar al contenido principal

Comeza unha nova edición do desafío Beertual Challenge

Unha oportunidade de xestionar unha compañía cervexeira virtual

Do mesmo xeito que nas anteriores, nesta quinta edición Beertual Challenge pretende enriquecer e desenvolver habilidades xerenciais nos novos estudantes mediante a administración e xestión das operacións dunha compañía cervexeira virtual con presenza mundial. Durante este xogo de negocios os participantes deberán tomar decisións de distintas áreas da súa empresa como produción, vendas, distribución, finanzas, mercadotecnia, recursos humanos, innovación e responsabilidade social. Poden participar estudantes de licenciatura e máster de España, México e Arxentina, así como estudantes que finalicen os seus estudos universitarios durante o ano 2011. Fases da competición A inscrición, aberta ata o próximo 30 de outubro, realizarase vía web a través de http://www.beertualchallenge.com. Os equipos deberán estar formados por 3 membros, que poden pertencer a distintas carreiras pero deberán ser da mesma Universidade. A segunda fase, de simulación, esténdese do 31 de outubro ao 13 de decembro. Os equipos disporán dun simulador de negocio para preparar e enviar as decisións, seguindo as instrucións que se indican no manual. Aquí os equipos comezarán a dirixir a súa propia empresa virtual. Tendo en conta os resultados da primeira semana clasificaranse os mellores 2.000 equipos para seguir xogando outras 5 semanas. Na terceira fase, a semifinal, os equipos deberán desenvolver un plan de negocio onde explicarán a súa estratexia para penetrar un novo mercado. A avaliación realizarase por parte dos directores das distintas áreas de Grupo Modelo. A semifinal levarase a cabo do 14 de decembro de 2011 ao 13 de xaneiro de 2012. Finalmente, na gran final os finalistas tratarán de convencer en persoa a un xurado integrado por directivos das empresas socias e Grupo Modelo para que adquiran a súa compañía cervexeira virtual e con iso ser gañadores de Beertual Challenge. Esta etapa irá desde o 6 de febreiro ao 22 de marzo de 2012. Premios O gañador da categoría licenciatura recibirá un MEB na ESCP Business School estudando en dúas das sedes de Francia, España, Inglaterra, Alemaña e Italia. O segundo recibirá un MBA no CEU en Madrid e o terceiro obterá unha especialidade no Instituto de Estudos Bolsistas (IEB) de Madrid. Na categoría máster o primeiro premio recibirá unha viaxe de negocio de tres semanas a China; o segundo será premiado cunha viaxe de dúas semanas a Europa, e o terceiro premiado obterá unha viaxe dunha semana a Canadá. En todas as viaxes tense previsto realizar visitas a cónsules comerciais, autoridades políticas rexionais, universidades e contactos culturais.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.10.2011.