Pasar al contenido principal

Filosofía acolle en setembro o curso ‘Xudeus, musulmáns e cristiáns: tres perspectivas diferentes chamadas a entenderse’

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

A Facultade de Filosofía será o escenario no que os días 8 e 9 de setembro se celebrará o curso ‘Xudeus, musulmáns e cristiáns: tres perspectivas diferentes chamadas a entenderse’, que dirixe Victorino Pérez estando recoñecido como formación permanente do profesorado non universitario pola Consellaría de Educación. A fe e as igrexias cristiás na actualidade son dous relatorios cos que botará a andar o curso, continuando cunha serie de intervencións sobre os piares do Islam e os fundamentalismos. A primeira xornada rematará cun debate titulado ‘Cristiáns e musulmáns’. Na segunda xornada as reflexión orientaranse cara o xudaísmo, entendido como a relixión da Biblia e as súas manifestacións dende o punto de vista histórico e moderno. Para concluír, abriranse dous debates nos que analizarán puntos de encontro entre musulmáns e xudeus e arredor do tema ‘Islam e Europa: dous modos de organizar a polis’. Todas as intervencións previstas impartiranas o doutor en Teoloxía Victorino Pérez; o profesor da USC Nel Rodríguez; o doutor en Filosofía e en Teoloxía, Xabier Pikaza, quen ademais é licenciado en Sagrada Escritura polo Instituto Bíblico de Roma e un dos 9 especialistas chamados pola Comisión de Investigación dos atentados do 11-M; e Yaratullah Monturiol, especialista en hermenéutica coránica e membro da Asociación Unesco para o Diálogo Interrelixioso.

Para acadar máis información sobre este programa ou sobre o proceso de matrícula, as persoas interesadas poden visitar a web http://www.usc.es/cultura/uveran14_11.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.07.2011.