Pasar al contenido principal

A Sociedade Española de Anatomía Patolóxica homenaxea o profesor Jerónimo Forteza

Forteza, primeiro pola dereita, recibiu en Medicina a homenaxe da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica
Forteza, primeiro pola dereita, recibiu en Medicina a homenaxe da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica

A Facultade de Medicina da USC acolleu este luns 3 unha homenaxe o profesor Jerónimo Forteza promovido polo Club de Linfoma da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica, no transcurso dunha xornada na que especialistas de toda España debateron sobre as últimas novidades arredor do estudo dos linfomas. O catedrático Máximo Fraga como coordinador deste acto fixo unha loa de Jerónimo Forteza a quen responsabilizou da modernización do servizo de Anatomía Patolóxica do hospital santiagués e de quen destacou a súa constante preocupación por acrecentar a relación dos profesionais da patoloxía con outras especialidades. Logo da intervención do doutor Horacio Oliva, o primeiro xefe do homanexeado, tomou a palabra Jerónimo Forteza para animar aos asistentes á xuntanza a aproveitar as posibilidades que ofrece “un momento de cambio”, conscientes de que “para que as cousas melloren, hai que cambiar”. Recentemente xubilado na USC, Forteza subliñou que a vellez non é contraditoria coa xuventude xa que esta “non garda relación co paso do tempo “ ao ser “unha calidade que se ten ou non”. Neste senso, dixo sentirse “novo, para abordar outros proxectos”. Neste senso, indicou que seguirá colaborando co Club do Linfoma no desenvolvemento das súas liñas de investigación, consciente de que “en tempos difíciles hai que buscar solucións a través da creatividade”.

Esta xornada agrupaba tres encontros diferenciados como son a Reunión Científica da Liña de Linfomas da Rede Temática de Investigación Cooperativa em Cancro (RTICC), a Rede de Grupos Estables de Investigación sobre o Linfoma da AECC e o LXII Club de Reunión do Club de Linfomas da Sociedade Española de Anatomía Patolóxica (SEAP).

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2011.