Pasar al contenido principal

A exposición FotoPres “la Caixa” pechou en Fonseca logo de recibir preto de 18.000 visitas

A exposición FotoPres “la Caixa” pechou en Fonseca logo de recibir preto de 18.000 visitas
A exposición FotoPres “la Caixa” pechou en Fonseca logo de recibir preto de 18.000 visitas

A exposición FotoPres botou o seu peche no Colexio de Fonseca da USC logo de recibir 17.634 visitas dende a súa inauguración o pasado mes de agosto. A Obra Social “la Caixa” instituíu FotoPres en 1982 co obxectivo de recoñecer o traballo dos fotoxornalistas. Ao longo de case 30 anos, o certame fíxose eco dos cambios que se produciron na fotografía como medio artístico e de sensibilización ante as situacións de conflito. En colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a exposición mostrou aos visitantes 135 imaxes pertencentes aos traballos que se recoñeceron na 19ª edición e que teñen como nexo común a reflexión sobre as condicións de vida de diversos países con situacións de conflito. Neste edición do certame FotoPres a Obra Social “la Caixa” outorgou o primeiro premio ao traballo Violencia de xénero en Paquistán de Emilio Morenatti (Xerez da Fronteira, 1969), unha serie de retratos que o fotógrafo realizou en decembro de 2008 a mulleres paquistanís que sufriran ataques con ácido e que mostraban as secuelas nos seus rostros. A exposición incluía tamén os traballos Violencia postelectoral en Kenia, de Walter Astrada (Bos Aires, 1974), e Líbano, entre mar e lume de Afonso Moral (Valladolid, 1977), segundo e terceiro premio respectivamente. Para rematar, a mostra e completaba cos proxectos documentais dos seis fotógrafos que obtiveron unha bolsa, Lurdes R. Basolí, Fosi Vegue, Marta Ramoneda, Aleix Plademunt, Mikel Aristregi e Jo Expósito.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2011.