Pasar al contenido principal

As universidades de Santiago e A Coruña celebran o II Encontro Ibérico en Líquidos Iónicos

As universidades de Santiago e da Coruña acollen dende este mércores 20 ata o próximo venres 22 o II Encontro Ibérico en Líquidos Iónicos tomando o relevo do encontro celebrado na Universidade de Aveiro (Portugal) en 2009. Nesta ocasión, coordinan o encontro o profesor da USC Luis Miguel Varela e o da UdC Óscar Cabeza. A xuntanza reúne aos investigadores ibéricos co fin de compartir os últimos achados alcanzados así como intercambiar experiencias nos distintos campos de estudo relacionados co eido dos líquidos iónicos. Os organizadores sinalan que con este obxectivo se deseñou un programa que propicie novas e frutíferas sinerxías entre a comunidade ibérica dedicada ao estudo deste campo.

O profesor da Universidade de Porto Luís Santos pronunciará a conferencia inaugural do encontro, nunha sesión que se celebrará na Facultade de Física da USC a partir das 10:00 horas. Deseguido comezará a quenda de presentación de comunicacións. Mentres que a xornada do xoves 21 se celebrará na Coruña, no Paraninfo da Reitoría da Coruña, a do venres se volverá celebrar en Compostela.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.07.2011.