Pasar al contenido principal

Un curso de verán en Ribadumia repasa a problemática fitosanitaria do viñedo

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

María Jesús Sainz Osés e Pedro Mansilla Vázquez dirixen en setembro, os días 8 e 9, un curso de verán da USC que pretende actualizar coñecementos na problemática dos viñedos dende unha óptica fiotosanitaria. Pragas, parasitos, nematodos, bacterias, virus... e a súa afección na vide. Este será o eixo sobre o que xiren as xornadas, nas que se achegarán propostas para mellorar a protección fitosanitaria e poder loitar con maior eficacia. A transformación xenética de vide e a zonificación vitícola serán outras cuestións a tratar. Entre os relatores figura persoal experto das Universidades Politécnica de Madrid e Santiago de Compostela, da Consellaría de Agricultura, Gandería e Desenvolvemento Rural da Rioxa, da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC e das empresas Bodegas Martín Códax e Syngenta Agro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.07.2011.