Pasar al contenido principal

Roberto Nóvoa Santos. Las primeras páginas recupera as raíces ideolóxicas do eminente patólogo

Este libro preséntase este xoves impulsado polo Servizo de Publicación da USC e Auga Editora

O Servizo de Publicacións da USC e a editorial compostelá Auga Editora exploran unha faciana pouco coñecida de Roberto Nóvoa Santos a través da publicación do libro Roberto Nóvoa Santos. Las primeras páginas que recompila vinte e un textos publicados entre 1903 e 1905 en catro cabeceiras anarquistas. Roberto Nóvoa Santos. Las primeras páginas presentarase este xoves 21 na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca a partir das 11:30 horas nun acto que contará coa presenza do reitor Juan Casares; dos autores do volume Javier del Valle-Inclán e Fernando J. Ponte; do director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco; e do director literario de Auga Editora, Xosé A. Perozo. Con prólogo de Thomas Glick, o libro trae á luz textos de Nóvoa Santos dispersos e en boa medida inaccesibles en hemerotecas e bibliotecas, e que agora os autores presentan íntegros cos correspondentes comentarios críticos e notas explicativas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.07.2011.