Pasar al contenido principal

Investigadores e profesionais de diversos campos danse cita no curso ‘Pobreza e infancia: retos á cooperación para o desenvolvemento’

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2011

Investigadores e profesionais da economía, a saúde, a xeografía ou a educación daranse cita en Ciencias Económicas e Empresariais no programa do curso ‘Pobreza e infancia: retos á cooperación para o desenvolvemento’. Celebraras do 12 ao 14 de setembro, contando co cofinanciamento de Manos Unidas.

Os relatorios do primeiro día estarán dedicados a cuestións relacionadas coa situación económica mundial a actual, con especial atención ás prioridades das elites económicas en materia de xestión, a globalización ou ás estratexias multilaterais de loita contra a pobreza. A xornada concluirá coa mesa redonda ‘A Declaración do Milenio: fracaso multilateral e alternativas de futuro’ . A segunda xornada do curso terá un enfoque eminentemente sanitario con relatorios sobre as patoloxías prevalentes e emerxentes no mundo empobrecido, a dependencia alimentaria ou os indicadores de saúde nutricional para o desenvolvemento. Ademais proxectarase o documental Chagas, un mal escondido e o filme El jardinero fiel. A mesa redonda da xornada permitirá a análise da situación actual e achegar propostas de futuro respecto do binomio equidade e saúde. Para concluíra os expertos convidados centrarán a atención na infancia en contextos de desigualdade, marxinación ou escravitude, entre outros. As intervencións teóricas complementaranse coa proxección En el mundo a cada rato e unha mesa redonda dedicada ao tema ‘A loita contra a marxinación e mortalidade infantil: un enfoque multidisciplinar’.

Para acadar máis información sobre o programa así como sobre o proceso de matrícula, as persoas interesadas poderán visitar a web do curso en http://www.usc.es/cultura/uveran15_11.htm.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.07.2011.