Este sábado inaugúrase no Colexio de Médicos a segunda edición do máster de bioética
Os reitores das Universidades de Santiago e A Coruña, Juan Casares e José María Barja, asisten este sábado 24 á presentación do II Máster en Bioética, un título propio coorganizado polas dúas institucións. O acto, que se desenvolverá a partir das 10.30 horas na sede en Santiago do Colexio Oficial de Médicos (Avda. San Pedro de Mezonzo, 39-41), conta ademais coa presenza do presidente do Colexio oficial da Coruña, Luciano Vidal; da directora xeral de Asistencia sanitaria e presidenta da Comisión Galega de Bioética, Nieves Domínguez; e da directora do Instituto Borja de Bioética, Nuria Terribas, encargada de pronunciar a conferencia inaugural.