Pasar al contenido principal

Presentación do proxecto europeo campUSCulturae

Está liderado pola USC, sendo o proxecto de maior cuantía -2,27 millóns de euros- que coordina unha universidade europea nesta convocatoria 2010 do programa ‘Culture’

Concibido como un proxecto a prol da diversidade cultural e das minorías lingüísticas, a Universidade de Santiago coordinará ao longo dos próximos cinco años o proxecto europeo campUSCulturae co cofinanciamento da Culture Agency da Comisión Europea a través do programa ‘ Culture’ na súa convocatoria de 2010 por valor de 2,27 millóns de euros. É a primeira vez que unha universidade española, en calidade de coordinadora dun proxecto, acada unha subvención deste volume ao abeiro do programa ‘Culture’. Ademais, na presente convocatoria deste programa é a única institución universitaria do ámbito europeo que figura como coordinadora de proxecto. As particularidades do proxecto presentaranse publicamente este martes 5 de xullo nun acto a celebrar no Salón Nobre do Colexio de Fonseca a partir das 11.30 horas presidido polo reitor Juan Casares, e no que intervirán ademais o co-coordinador do proxecto, o profesor Xosé Antonio Neira Cruz. campUSCulturae propón un diálogo entre as Humanidades e as Ciencias, recoñecendo a capacidade creativa que cada un deste eidos do saber pode achegar ao outro. Trátase dunha iniciativa de carácter interdisciplinar e transversal no que estarán implicados a Facultade de Ciencias da Comunicación, a Biblioteca Xeral da USC, a Área TIC e a Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT). Ademais, o proxecto conta como socios a institucións universitarias e sociedades culturais de Bulgaria, Islandia, Polonia, Alemaña e Portugal. O proxecto terá como principais ámbitos de accións e contidos unha Biblioteca Internacional, o Museo Internacional da Ilustración, o Centro da InterCulturalidade e o Centro Internacional da Creatividade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.07.2011.