Pasar al contenido principal

Fin de estudos da XIV promoción do Máster de Medicina Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía

Os catro estudantes da XIV promoción do Máster de Medicina Oral, Cirurxía Oral, Alfonso Sande, Tamara García, Alejandra Piñeiro, Flavio Seijas e a madriña da promoción, Georgina Lindner (no centro),...
Os catro estudantes da XIV promoción do Máster de Medicina Oral, Cirurxía Oral, Alfonso Sande, Tamara García, Alejandra Piñeiro, Flavio Seijas e a madriña da promoción, Georgina Lindner (no centro),...

Os catro estudantes da XIV promoción do Máster de Medicina Oral, Cirurxía Oral e Implantoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, xunto cos seus profesores, familiares e amigos celebraron, o sábado día 2 de xullo, no Salón Nobre de Fonseca, o remate do período de formación, que agradeceron e consideraron “moi positivo, pola formación académica e polo contacto permanente, a través das prácticas, cos pacientes”.

O ritor, Juan Casares Long presidiu o acto, no que tamén participou o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Jesús Gestal Otero, os directores do Máster, José Manuel Gándara Rey e Abel García García, e amadriña da promoción, Georgina Lindner.

Este master, de grande prestixio no eido da odontoloxía e cunha duración de tres cursos académicos a dedicación exclusiva, cursárono xa máis de corenta licenciados de toda España e do estranxeiro. Nesta ocasión rematan o posgrao Alejandra Piñeiro Aguilar, Alfonso Sande Sardina, Flavio Seijas Naya e Tamara García Carnicero.

A actualización e a investigación nas técnicas de tratamento tanto médico como cirúrxico é un obxectivo prioritario deste curso, para o que se conta coa colaboración desinteresada de máis de vinte profesionais que contribúen a mellorar a calidade docente e clínica dos alumnos. Os directores, profesores e estudantes do Máster consideran que se trata dunha “iniciativa relevante para complementar a aprendizaxe teórico-práctica que se fai nas titulacións de Odontoloxía, con aspectos das novas técnicas médicas e cirúrxicas, que son logo ampliados na actividade profesional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.07.2011.