As Lección Xacobeas Internacionais na USC alcanzan a súa cuarta edición baixo o lema ‘Os sentidos no camiño’
As Leccións Xacobeas Internacionais na USC súmanse na súa cuarta edición á programación de cursos de verán da universidade compostelá, nesta quenda baixo o lema ‘Os sentidos no camiño’. O programa, que se desenvolverá entre os días 20 e 23 de xullo, combinará as intervencións teóricos e o debate, nas sesións matinais, coas visitas a lugares de interese coa temática abordada. As distintas sesión agrúpanse arredor de tres epígrafes como son o 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago, os sentidos no Camiño e andando o Camiño. No primeiro destes bloques, abordarase o rito e protagonistas da consagración da Catedral, as últimas investigación sobre a construción do templo románico e a primeira misa do Apóstolo en España. Nesta xornada, os asistentes visitarán pola tarde a exposición ‘Domus Iacobi: a historia da Catedral de Santiago’ e xa pola noite a propia catedral. O programa do xoves 21 botará a andar cun relatorio que narrará o proceso de adestramento para o Camiño de Santiago en Brasil, continuando con dous relatorios arredor das lecturas contemporáneas do Camiño e o trazado xacobeo en imaxes cinematográficas. A visita desta quenda será á Igrexa de San Martiño Pinario e ao Museo de Arte Sacra.
Para rematar , os sons do camiño, as súas paisaxes e perfumes e os ‘yantares dos peregrinos’ completarán a quenda de intervencións do programa, xunto cunha visita guiada ao Museo das Peregrinacións e de Santiago. Xa o día 23, desenvolverase unha xornada no Camiño da Costa da Morte, incluíndo unha visita a Corcubión e Fisterra. A información sobre o programa e o proceso de matrícula pódese ampliar na web http://leccionesjacobeas.blogspot.com/ ou en http://www.usc.es/cultura/uveran08_11.htm.