Pasar al contenido principal

A Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC renova o Selo de Compromiso cara á Excelencia Europea 200+ da European Foundation for Quality Management

O reitor da USC xunto coa vicerreitora de calidade, o persoal da Estación de Hidrobioloxía e o director comercial de LLoyds (segundo pola dereita)
O reitor da USC xunto coa vicerreitora de calidade, o persoal da Estación de Hidrobioloxía e o director comercial de LLoyds (segundo pola dereita)

A Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con da USC (EHEC) conseguira en 2009 o Selo de Compromiso cara á Excelencia Europea 200+ da European Foundation for Quality Management (EFQM). Dous anos máis tarde, e segundo o establecido, a certificadora LLoyds acaba de renovarlle este recoñecemento á estación que dirixe o profesor Fernando Cobo. Esta renovación foille entregada á USC esta mañá no transcurso dunha visita ao reitor Juan Casares na que participaron o propio Fernando Cobo; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; o director comercial de Lloyds, Fermín Fariña; e o xefe e a responsabilidade de Calidade da Estación, Rufino Vieira e Sandra Barca, respectivamente. O selo é un recoñecemento á Estación da USC polas súas prácticas excelentes de xestión, enfocadas á mellora da organización dos seus recursos e á satisfacción permanente dos seus clientes e grupos de interese. Logo dun intenso traballo para a descrición, despregamento e avaliación dos procesos de xestión, a Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con presentouse a un proceso de certificación externo desenvolvido pola EFQM que tivo como resultado a obtención do selo o pasado 18 de febreiro de 2009 O proceso de certificación constou de dúas fases, comezando coa realización dunha autoavaliación homologada polo director do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC e Licenciatario Oficial, seguindo o Modelo e a metodoloxía da EFQM. Deseguido deseñouse un plan con tres accións de melloras definidas a partir da autoavaliación. Da avaliación da correcta implantación do plan encargouse Lloyds Register Quality Assurance (LRQA) de maneira que a EHEC superou todas as fases da certificación e obtivo o Selo que outorga o Club Excelencia en Xestión (CEG) representante en España do “Committed to Excelence”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.07.2011.