Pasar al contenido principal

Historiadores e xeógrafos reflexionan nun congreso na USC sobre a innovación metodolóxica e docente nas Universidades

Historiadores e xeógrafos reflexionan nun congreso na USC sobre a innovación metodolóxica e docente nas Universidades
Historiadores e xeógrafos reflexionan nun congreso na USC sobre a innovación metodolóxica e docente nas Universidades

No marco dos profundos cambios que están experimentando as universidades en pleno proceso de implantación do Espazo Europeo de Educación Superior un grupo de docentes e investigadores da USC organiza esta semana, ata o día 9, un congreso especificamente enfocado cara á innovación metodolóxica e docente nas áreas de Historia, Historia da Arte e Xeografía. Na cita, con máis de 200 inscritos, participan 120 profesores universitarios de diversas nacionalidades que debaterán acerca da necesidade de promover iniciativas innovadoras que contribúan a solucionar os retos actuais compartindo experiencias de boas prácticas e reflexionando sobre as cuestións pendentes para a mellora da súa actividade. O acto inaugural do I Congreso Internacional sobre Innovación Metodolóxica e Docente en Historia, Arte e Xeografía tivo lugar no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) e nel participaron o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Contínua, Francisco Durán, o decano da Facultade, Juan Monterroso, e a directora académica do encontro, a profesora Mª Carmen Saavedra. A continuación, o profesor da Universidade de Valencia Justo Serna ofreceu a conferencia ‘ A Historia. Dúas ou tres cousas que sei dela’. Ademais das conferencias de apertura e clausura o encontro contempla dúas mesas redondas sobre os espazos para a innovación metodolóxica e docente e sobre a formación e incentivos do profesorado universitario para a innovación. O resto do congreso científico estrutúrase en catro seccións -Implantación dos novos graos en Xeografía, Historia e Historia da Arte; e Experiencias de innovación metodolóxica e docente en Xeografía, Historia e Arte- nas que se presentarán as comunicacións dos asistentes. Todas estas sesións desenvolveranse en distintas estancias da facultade compostelá.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.09.2011.