Presentan as últimas investigacións da rede temática sobre literatura infantil e xuvenil
Investigadores da rede temática ‘As Literaturas Infantís e Xuvenís do Marco Ibérico e Iberoamericano’ (LIXMI) presentaron hoxe no curso de formación continua da USC que está a ter lugar na Biblioteca Novacaixagalicia os seus informes de investigación. Ramón Llorens, da Universidade de Alacant, referiuse á Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes mentres que Jesús Díaz, da Laguna, fixo o propio cos centros e grupos de investigación no ámbito castelán. Pola súa banda, Xabier Etxaniz explicou a actividade do Etxepare Instituto Vasco. A continuación desenvolveuse outra sesión na que interviñeron Sara Reis da Silva, Caterina Valriu e Lourdes Lorenzo, ademais de investigadores do ámbito iberoamericano. Pola tarde, Miguel Calatayud ofrece unha intervención sobre a imaxe do texto, pechando a xornada membros da editorial Kalandraka que falarán dos contos que editan.