Pasar al contenido principal

O Instituto da Lingua Galega da USC presenta o Dicionario de pronuncia en liña

O Instituto da Lingua Galega (ILg) da USC dispuxo recentemente na rede para consulta aberta de toda persoa interesada o Dicionario de pronuncia en liña , un proxecto dirixido polo profesor Xosé Luis Regueira que permite escoitar 60.000 pronuncias do léxico común galego na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala. O proxecto presentarase publicamente o martes 13, ás 12.00 horas no Salón reitoral do Colexio de San Xerome, nun acto que presidirá o reitor Juan Casares e no que, ademais do profesor Regueira, participará o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. A versión electrónica do dicionario, que contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, baséase na información fonética do Dicionario de pronuncia da lingua galega da autoría de Xosé Luis Regueira e publicado pola Real Academia Galega en 2010.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.09.2011.