Sinatura do protocolo de colaboración para constituír a Rede Lucense de Voluntariado
A Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo acolle este mércores 14 o acto de sinatura do protocolo de colaboración da Rede Lucense de Voluntariado, unha estrutura integrada por dez entidades para fortalecer a coordinación no campo da acción voluntaria na cidade. O acto, a celebrar ás 12.00 horas no marco do Ano Europeo do Voluntariado, supón a constitución formal desta rede que leva traballando dende o ano 2007. No acto participan, xunto co reitor Juan Casares, a presidenta de Aspnais, María Concepción Teijeiro; a presidenta da Asociación Xuvenil Ateibo, Paula Opazo; o presidente de Auxilia Lugo, Manuel Ignacio Piñeiro; o director de Cáritas Diocesana de Lugo, Ginés Fernando Plaza; o presidente da Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade (Cogami) Lugo, José Luis Lolo; a presidenta da Asociación Síndrome de Down Lugo, Mª José Blanco; o coordinador Provincial da Fundación Secretariado Xitano, Manuel Requejo; a presidenta da Asociación Valponasca, María Paloma Redondo; e o xerente da Fundación JuanSoñador, Jesús Hernández.