Pasar al contenido principal

O ‘Southern Estudies Forum’ celebrará na USC a súa primeira edición en España

Está promovido por unha asociación de profesores universitarios expertos na cultura, literatura e historia do sur de Estados Unidos

‘Southern destinations. The south in motion’ é o lema do congreso internacional que este xoves 15 inaugurará o reitor compostelán Juan Casares no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía nun acto no que tamén participará a agregada cultural da embaixada de Estados Unidos, Laura M. Gould, e o presidente do Comité Organizador, o profesor Constante González Groba. O acto comezará ás 14:00 horas do acto de doazón, por parte da embaixada norteamericana á USC, da colección ‘Library of America’. Concibido como un foro de Estudos sobre o Sur que promove unha asociación de profesores universitarios expertos na cultura, literatura e historia do sur de Estados Unidos, esta é a primeira vez que o encontro, na súa duodécima edición, chega a España logo dos encontros xa celebrados en diversas capitais europeas e en EEUU. Esta edición de Compostela está organizada polo grupo de investigación Litculusa (Literature and Culture of US), do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá. Logo da inauguración o programa dará os seus primeiros pasos coa sesión ‘Motion in southern fiction’, na que intervirán expertos de Francia e Estados Unidos. A primeira xornada completarase coa sesión dedicada a ‘Literature and motion pictures’ incluíndo intervencións de investigadores polacos e norteamericanos. No programa previsto, se inclúe ademais unha charla coloquio da escritora Bobbie Ann Mason que estará aberta ao público interesado, o venres 16, ás 12:00 horas na Aula 11 da Facultade de Filoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.09.2011.