Pasar al contenido principal

O prazo de matrícula do IV Ciclo permanece aberto do 15 ao 30 de setembro

Imaxe da graduación do curso 2010-2011 do IV Ciclo da USC
Imaxe da graduación do curso 2010-2011 do IV Ciclo da USC
Para persoas maiores de 50 anos con independencia do seu nivel de estudo

O IV Ciclo Universitario, programa formativo que a USC oferta desde 1997-1998 para persoas maiores de 50 anos con independencia do seu nivel académico e sen necesidade de estudos primarios, abre este xoves 15 o seu prazo de matrícula, que permanecerá aberto ata o próximo 30 de setembro. Este programa impártese nos dous campus da USC, Lugo e Compostela, estruturado en cinco cursos. Os tres primeiros de carácter xeral e con tres materias en cada un, e os dous últimos cursos de especialización no que o alumno se matricula dunha única materia coa que completa a totalidade dos créditos. O IV Ciclo da USC ten como obxectivo promover a incorporación de alumnos maiores de 50 anos aos estudos universitarios, favorecendo a súa integración e participación en procesos formativos que respondan ás necesidades e expectativas deste colectivo social. Para acadar maior información ou resolver calquera dúbida, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa Secretaría do IV Ciclo na Escola de Enfermaría de Santiago, nos teléfonos 881.812.067 ou 982.820.000 ext. 23553, no correo electrónico ivciclo [at] usc.es (ivciclo[at]usc[dot]es), ou na súa páxina web www.usc.es/ivciclo/. O programa conta co financiamento da Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.09.2011.