Pasar al contenido principal

O director do Servizo de Publicacións da USC recibiu de mans do presidente da Xunta o premio Reimóndez Portela

Juan L. Blanco Valdés, Alberto Núñez Feijoo e o alcalde da Estrada, José López (foto: Xoanma Porto)
Juan L. Blanco Valdés, Alberto Núñez Feijoo e o alcalde da Estrada, José López (foto: Xoanma Porto)

O director do Servizo de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, recibiu na tarde do pasado venres de mans do presidente da Xunta de Galicia o XVI Premio de Xornalismo Reimóndez Portela por un conxunto de catro colaboracións no desaparecido xornal Galicia Hoxe. Na súa intervención na sede da Fundación Exposicións e Congresos da Estrada Alberto Núñez Feijóo enxalzou a figura de Reimóndez Portela "como médico, humanista e político" e felicitou o gañador do certame estimulándoo a continuar a súa actividade literaria. No acto salientouse o “coñecemento profundo da cultura popular" demostrado por Blanco Valdés nas súas colaboracións, que o fixeron merecedor do premio, competindo cun total de 60 artigos de 21 autores. "A súa brillantez, sentido do humor e calidade literaria cativaron o xurado", explicou o secretario en funcións deste, José Manuel Bouzas. Pola súa parte, o autor galardoado dedicou o premio á memoria do seu tío avó, o xornalista e poeta Roberto Blanco Torres (Día das Letras Galegas, 1999), e á do seu pai, Mario Blanco Fuentes, que foi alcalde da Estrada entre 1959 e 1970. Os artigos premiados son: “ Prosaico, versificado”; “ Os avatares da letra”; “ Lovecraft”6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 6 e “ Libro ou vela”.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.09.2011.