Pasar al contenido principal

O ‘Southern Studies Forum’ inicia na USC a súa primeira edición en España

O encontro celébrase na Facultade de Filoloxía coa asistencia de expertos de toda Europa e Estados Unidos
O encontro celébrase na Facultade de Filoloxía coa asistencia de expertos de toda Europa e Estados Unidos
Está promovido por unha asociación de profesores universitarios expertos na cultura, literatura e historia do sur de Estados Unidos

‘Southern destinations. The south in motion’ é o lema do congreso internacional que este xoves 15 inaugurou o reitor compostelán Juan Casares no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía nun acto no que tamén participaron a agregada cultural da embaixada de Estados Unidos, Laura M. Gould; o decano de Filoloxía, Ernesto González Seoane; o presidente do Comité Organizador, o profesor Constante González Groba; e o secretario do Departamento de Filoloxía Inglesa, Jorge Sacido. O acto comezou logo de acto de doazón, por parte da embaixada norteamericana á USC, da colección ‘Library of America’. Concibido como un foro de Estudos sobre o Sur que promove unha asociación de profesores universitarios expertos na cultura, literatura e historia do sur de Estados Unidos, esta é a primeira vez que o encontro, na súa duodécima edición, chega a España logo dos encontros xa celebrados en diversas capitais europeas e en EEUU. Esta edición de Compostela está organizada polo grupo de investigación Litculusa (Literature and Culture of US), do Departamento de Filoloxía Inglesa e Alemá. Logo da inauguración o programa deu os seus primeiros pasos coa sesión ‘ Motion in southern fiction’, na que interviñeron expertos de Francia e Estados Unidos. A primeira xornada complétase coa sesión dedicada a ‘Literature and motion pictures’ incluíndo intervencións de investigadores polacos e norteamericanos. No programa previsto, se inclúe ademais unha charla coloquio da escritora Bobbie Ann Mason que estará aberta ao público interesado, o venres 16, ás 12:00 horas na Aula 11 da Facultade de Filoloxía. De esquerda a dereita, Constante González, Laura M. Gould, Juan Casares, Ernesto González e Jorge Sacido

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.09.2011.