A Facultade de Bioloxía acolle a sexta Escola de Mulleres Dirixentes de UGT
A Facultade de Bioloxía é o escenario no que dende este xoves 15 e ata o sábado 17 a Escola de Mulleres Dirixentes de UGT promovida pola Comisión Executiva Confederal, UGT Galicia e a Federación Estatal de Traballadores da Ensinanza FETE-UGT, xunto co Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade e coa colaboración da Xunta de Galicia. Na xornada inaugura, presidida polo reitor Juan Casares, participaron ademais a secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara; a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta, Beatriz Mato; a secretaria de Igualdade CEC UGT, Almudena Fontecha; e o secretario xeral de FETE-UGT, Carlos López. O lema do encontro, segundo que se celebra en Compostela dun total de seis edicións, desenvólvese baixo o lema ‘Formación de mulleres líderes no ámbito sindical’. Esta escola pretende visibilizar o traballo das mulleres que ocupan postos de responsabilidade na entidade sindical organizadora. Nas mesas incluídas no programa atenderase aos novos retos e desafíos presentes no ámbito laboral e sindical, con especial atención ao debate arredor da necesidade de reforzar as políticas públicas que faciliten a compatibilidade da vida persoal, familiar e laboral, así como a acción sindical e a negociación colectiva nesta materia. Intervirán profesionais relevantes procedentes do ámbito normativo, xurídico, institucional, político e sindical. De esquerda a dereita, Carlos López, Laura Seara, Juan Casares, Beatriz Mato e Almudena Fontecha