Pasar al contenido principal

Horarios extraordinarios da Biblioteca Universitaria

Durante o período do Nadal un total de once bibliotecas de Santiago e Lugo pecharán as súas instalacións en horario de tarde. Deste xeito, do 26 de decembro ao 5 de xaneiro pecharán as facultades de Formación do Profesorado de Lugo, Ciencias da Educación (Campus Norte e Vida), Filoloxía, Química, Ciencias da Comunicación, Filosofía, Psicoloxía e a Escola de Óptica e Optometría. Outros centros aos que tampouco se poderá acceder polas tarde son as facultades de Medicina e Odontoloxía (edificio de Odontoloxía, do 2 ao 5 de xaneiro), Xeografía e Historia (do 26 ao 30 de decembro e o 5 de xaneiro) e Física (do 26 ao 30 de decembro). Nos restantes puntos de servizo da Biblioteca Universitaria, o horario desenvolverase de 9.00 a 21.00 horas Horario extraordinario Xa a comezos do novo ano, a partir do próximo 2 de xaneiro, a Biblioteca Universitaria iniciará un período de horario extraordinario das súas instalacións que se estenderá ata o día 22 de febreiro. Neste intervalo de tempo, o horario será de 8.30 a 3.00 de luns a venres, e de 10.00 a 3.00 nas fins de semana. Puntualmente, entre os días 2 e 5 de xaneiro a apertura retrasarase ata as 9.00 horas. Este horario de apertura extraordinario terá aplicación en Santiago nas bibliotecas Concepción Arenal e na da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, mentres que no Campus de Lugo será na Intercentros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.12.2011.