O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe fala en Lugo sobre o Plan do Litoral e a nova estratexia da paisaxe
O director xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta de Galicia, Manuel Borobio, impartirá unha conferencia na Escola Politécnica Superior de Lugo sobre o Plan do Litoral e a nova estratexia da paisaxe. A conferencia, aberta a toda a comunidade universitaria, comezará ás 17.00 horas na Sala de Xuntas deste centro lugués e forma parte da programación académica do Máster en Xestión Sustentable, da Terra e do Territorio.