Pasar al contenido principal

A catedrática María José Alonso recolle en Madrid o premio Nóvoa Santos

A catedrática María José Alonso recolle en Madrid o premio Nóvoa Santos
A catedrática María José Alonso recolle en Madrid o premio Nóvoa Santos

A catedrática de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela, Mª José Alonso Fernández, recolle na tarde deste luns na Casa de galicia en Madrid o premio Nóvoa Santos na súa XVI edición que convoca a Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA) co patrocinio de Novacaixagalicia e colaboración e padroado da USC e a Consellaría de Sanidade. Ao longo da súa carreira científica Mª José Alonso (León, 1958) traballou en centros prestixiosos como a Universidade de París Sur e o Instituto Tecnolóxico de Massachussets. Desde 1987 lidera na USC un grupo de investigación pioneiro en España no ámbito da nanomedicina e nos sistemas de liberación de fármacos e vacinas. Dirixiu e coordinou numerosos proxectos de investigación, algúns deles financiados por entidades de relevancia internacional como a OTAN, a OMS, a Comisión Europea e a Bill and Melinda Gates Foundation. Alonso colaborou con empresas de ámbito nacional e internacional a través de contratos de asesoría e investigación e a través da licenza de 11 patentes. Con ela formáronse 19 doutores, ademais de numerosos investigadores procedentes de diversos países. Froito deste traballo de equipo son 14 invencións protexidas a través de patentes internacionais e numerosos artigos científicos que tiveron un importante impacto. Ademais, foron galardoados con varios premios de investigación por parte de asociacións científicas, revistas científicas e fundacións. Liderou e participou na coordinación de diversas asociacións científicas internacionais e plataformas tecnolóxicas e redes e na xestión de políticas científicas a través da súa responsabilidade como vicerreitora de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, asesorou ao Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía na elaboración da Lei da Ciencia, da Tecnoloxía e a Innovación e na actualidade colabora na Estratexia Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Forma parte do patronato da Fundación da Innovaciónde Bankinter, á que contribúe especialmente nos ámbitos da educación e da investigación, desde a perspectiva da innovación.

A este premio optan profesionais e organismos galegos de maior relevancia no ámbito da medicina e a sanidade, así como aqueles cuxa existencia ou actividade están directamente vinculadas a Galicia e cuxa labor profesional o científica ten unha repercusión nacional ou internacional.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.12.2011.