Pasar al contenido principal

O Nobel Sheldon Glashow, lenda viva da Física, pecha a vindeira semana a sexta edición de ConCiencia

Sheldon Lee Glashow
Sheldon Lee Glashow
O físico Sheldon Glashow, Nobel de Física en 1979, visitará a Universidade de Santiago a próxima semana na que é a última acción da sexta edición do programa ConCiencia posto en marcha pola USC e o Consorcio de Santiago

O físico Sheldon Glashow, Nobel de Física en 1979, visitará a Universidade de Santiago a próxima semana na que é a última acción da sexta edición do programa ConCiencia posto en marcha pola USC e o Consorcio de Santiago. Profesor na Universidade de Boston, Glashow é unha lenda viva no eido da física xa que foi quen de unificar dúas das catro forzas fundamentais do universo como son a electromagnética e a forza nuclear débil, o que deu na teoría electrodébil que lle valeu o Premio Nobel en 1979 xunto con Steven Weinberg e Abdus Salam. O Nobel ofrecerá unha rolda de prensa este luns 12 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Xa o martes 13 manterá ás 12.00 horas un encontro con estudantes, docentes e persoal investigador sobre os neutrinos e o último experimento do CERN –c uxos resultados refutaba recentemente nun artigo científico- na aula magna da Facultade de Física e pola tarde, ás 20.00 horas no Novo Auditorio Novacaixagalicia (Preguntoiro, 23), pronunciará a conferencia Unha breve historia da física de partículas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.08.2021.