Pasar al contenido principal

O XVIII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’ abre a súa convocatoria aos traballos académicos para prensa, radio, televisión e formato web

O XVIII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’ abre a súa convocatoria aos traballos académicos para prensa, radio, televisión e formato web
O XVIII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico ‘Álvaro Cunqueiro’ abre a súa convocatoria aos traballos académicos para prensa, radio, televisión e formato web

A Facultade de Ciencias da Comunicación participa xunto co concello de Lalín e a asociación de profesionais das gastronomía ‘Amigos da Cociña Galega’ na convocatoria do XVIII Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro. O galardón presentouse publicamente na facultade compostelá onde o decano do centro universitario, Xosé Pereira, e o alcalde de Lalín, Xosé Crespo, anunciaron que a presentación de propostas pódese realizar ata o próximo 24 de xaneiro. Na presentación ante os medios de comunicación, que por vez primeira se realiza fóra de Lalín, tamén participou o concelleiro de Turismo, José A. Rodríguez. Como novidades respecto de edicións anteriores, nesta ocasión créase unha categoría específica para os estudantes de Xornalismo, Publicidade e Comunicación de toda España co fin de “potenciar os novos valores da profesión periodística”, asinala a convocatoria. Así créase un premio de 1.000 euros destinado ao mellor traballo académico de prensa, radio, televisión ou formato web dedicado á gastronomía. Recoñecido como o premio gastronómico máis importante de España, ademais da nova categoría dirixida ao estudantado universitario, a convocatoria contempla dous premios de 3.000 e 1.000 euros de dotación. Estes outorgaranse entre as mellores propostas de escritores, xornalistas e particulares que teñan publicado artigos, libros, entrevistas, reportaxes, viñetas, fotografías ou comentarios, entre outros, nos distintos medios de comunicación sobre temas relacionados coa gastronomía galega nos últimos dous anos.

O xurado integrarano xornalistas de medios de comunicación de Galicia e representantes das institución colaboradoras, que valorarán en primeiro lugar a calidade xornalística das propostas presentadas, aínda que tamén a súa difusión. Ademais, considerarase un mérito engadido a súa referencia ao cocido de Lalín. O ditame do xurado darase a coñecer con anterioridade á celebración da XLIV Feira do Cocido, a celebrar o 12 de febreiro de 2012. Na anterior edición, o galardón recoñeu a Pepe Ribagorda e os informativos de Telecinco ou a programas da Radio Galega.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.12.2011.