Pasar al contenido principal

O grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC acada o Premio Martínez Moreno de invención e investigación en química aplicada

O grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC acada o Premio Martínez Moreno de invención e investigación en química aplicada
O grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos da USC acada o Premio Martínez Moreno de invención e investigación en química aplicada

O Grupo de Investigación de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos do Departamento de Enxeñaría Química da USC, que coordina o profesor Juan Lema, acaba de ser recoñecido co premio Martínez Moreno de invención e investigación en química aplicada da Fundación García Cabrerizo e a Universidade de Sevilla. O galardón recoñeuno o propio Juan Lema na sede do CSIC en Madrid. O xurado decidiu premiar nesta duodécima edición as achegas do grupo da USC ao desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras no campo do tratamento de augas residuais e que supón avanzar no coñecemento científico-tecnolóxico e na aplicación para a resolución de problemas da sociedade. O grupo O grupo de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos comezou a súa actividade en 1985, centrándose principalmente en dúas liñas de investigación: a xestión de efluentes industriais e urbanos, e concretamente o tratamento de augas residuais, e a aplicación e produción de enzimas ligninolíticos, que foron evolucionando e actualizándose ata hoxe. Do seu frutífero labor dan conta 220 publicacións en revistas internacionais e nacionais, 18 teses de doutoramento, dúas patentes, cinco proxectos da UE e preto de 40 do Plan Galego e Estatal e 49 contratos con empresas entre 2005 e 2010. O premio

O premio Martínez Moreno, sen dotación económica, concédeo un comité presidido polo profesor Emilio Lora Tamayo e composto por personalidades do eido científico, empresarial e académico que en anteriores ocasións recoñeceron a destacadas figuras como Ramón Areces, Federico Mayor Zaragoza, Francisco Grande Covián ou José Maria Escondrillas Damborenea.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.12.2011.