Pasar al contenido principal

Un ano de Voz en Compostela

Un ano de Voz en Compostela
Un ano de Voz en Compostela

A exposición ‘Compostela, un ano de Voz 2011’ abriu as súas portas a pasada semana no Colexio de Fonseca para mostrar, cos ollos dos fotógrafos Xoán Soler, Álvaro Ballesteros, Paco Rodríguez e Sandra Alonso, todo o acontecido ao longo do ano en Santiago. ‘Compostela, un ano de Voz 2010’ é xa unha cita obrigada dentro da oferta expositiva da cidade e máis particularmente no relativo ao fotoxornalismo. As persoas visitantes atoparán nesta exposición máis de medio cento de instantáneas que retratan os acontecementos máis significativos do pasado ano. Cada unha das imaxes vai acompañada da páxina onde no seu día foi publicada.

A mostra poderá visitarse ata o 13 de xaneiro de luns a sábado, en horario de 11 a 14 e de 17 a 20:30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.12.2011.