Pasar al contenido principal

Deseñan en Lugo unha ferramenta para o dimensionado de unións carpinteiras en cola de milano entre trabes de madeira estrutural

O tribunal da tese considera que a investigación se converterá "nun referente no estudas das unións en estructuras da madeira"
O tribunal da tese considera que a investigación se converterá "nun referente no estudas das unións en estructuras da madeira"

A investigadora luguesa Mª Azahara Soilán Cañás defendeu este mércores na Escola Politécnica Superior de Lugo a súa tese doutoral dirixida polo catedrático do Departamento de Enxeñaría Agroforestal e director da Plataforma da Madeira Estrutural, Manuel Guaita Fernández. O tribunal, que avaliou o traballo cun sobresaliente cum laude, destacou a súa utilidade práctica “para resolver un problema concreto" e aventurou "que se converterá nun referente no estudo das unións en estruturas da madeira”. A introdución de novas tecnoloxías como os centros de mecanizado mediante control numérico así como os programas informáticos específicos de deseño parametrizado de estruturas de madeira impulsan o rexurdimento das denominadas unións carpinteiras entre elementos de madeira. Concretamente, a unión en cola de milano redondeada é unha variante perfectamente adaptada aos novos procesos de execución e deseñada para resolver principalmente encontros entre vigas e viguetas de forxado. A falta de normativa específica para a comprobación destas unións impulsou o inicio da investigación, que presenta como resultado a xeración dun modelo de simulación numérica que permite comprobar estruturalmente o seu comportamento con distintas xeometrías. A xeración do modelo foi validada mediante a realización de ensaios experimentais entre os que destaca o desenvolvemento dun específico para a estimación do coeficiente de rozamento entre superficies, unha das propiedades máis influíntes no comportamento da unión.

O modelo permite realizar unha análise detallada do estado tensional da unión e da influencia de distintos parámetros xeométricos como a altura da espiga ou o ángulo entre os seus flancos, dando como resultado una mellora no coñecemento e predición da capacidade de carga deste tipo de unión.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.12.2011.