Pasar al contenido principal

O Máster en Dirección de Empresas de Lugo organiza unha charla do director xeral do Grupo Lareira

O director xeral do Grupo Lareira, Antoni Gordó, intervén este venres 2 nas actividades do Máster en Dirección de Empresas do Campus de Lugo. Antoni Gordó falará da internacionalización do grupo empresarial que dirixe no salón de graos da Facultade de ADE. A conferencia, xunto coas xa realizadas da directora da Oficina de Xestión Estratéxica do Banco Pastor ou da directora de Marketing de Feiraco, enmárcase nas diversas accións do Máster en Dirección de Empresas que levou ademais ao seu alumnado a visitar empresas como Cafés Candelas ou Bodegas Via Romana.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.12.2011.