Pasar al contenido principal

O reitor Juan Casares visitou o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago

O reitor Juan Casares (no centro) achegouse este martes ás instalacións do viveiro empresarial da Cámara de Comercio
O reitor Juan Casares (no centro) achegouse este martes ás instalacións do viveiro empresarial da Cámara de Comercio

O reitor da USC Juan Casares visitou este martes o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, na que é a primeira visita á incubadora empresarial de Costa Vella tras o inicio do seu mandato. Xunto a el, tamén acudiu á visita a vicerreitora de Economía e Infraestruturas, Sara Cantorna.

Acompañando ao reitor, asistiron o presidente da Cámara de Comercio compostelá, Jesús Asorey, a secretaría xeral do órgano, Filomena Casal, e o secretario xeral adxunto, Fernando Barros. No encontro, salientouse a necesidade de que ambas institucións colaboren no desenvolvemento de accións a prol do fomento da cultura emprendedora.

Na actualidade, o vivero da Cámara de Comercio de Santiago conta con 30 empresas , 16 con ubicación física e 14 no seu viveiro virtual. Neste último caso trátase de compañías que non precisan dun espazo físico pero necesitan unha estrutura loxística e servizos que ofrece o viveiro como atención telefónica, salas de reunións ou acceso á actividade formativa, entre outros.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.09.2010.