Pasar al contenido principal

Fondo pesar na USC polo falecemento de tres estudantes

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu máis fondo pesar polo tráxico falecemento de tres estudantes nun accidente de tráfico este xoves en Caldas de Reis. Trátase de Lorena Picallo Morrazo, residente en Aboi (Caldas), e María Isabel Meijón Ortigueira, de Pontevedra, ambas as dúas alumnas de primeiro curso de Dereito, e de Andrés Aldao González, de Marín e estudante de primeiro de Enxeñaría Informática na ETSE.
A Facultade de Dereito e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría suspenderon hoxe as clases en sinal de duelo.
O equipo de dirección que dirixe o reitor Senén Barro e toda a comunidade universitaria transmitiralle ás familias as súas máis sinceras condolencias na persoa do vicerreitor de Comunidade Universitaria, José Manuel Mayán Santos, que esta tarde asistirá aos funerais en Pontevedra, Marín e Caldas.
Do mesmo xeito, a USC trasládalles o maior dos afectos e deséxalles unha pronta recuperación ás persoas feridas no accidente, unha delas tamén alumna da USC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2010.