Pasar al contenido principal

Empresarios do sector lácteo galego analizarán en Lugo as normativas de calidade nos produtos alimentarios

De esquerda a dereita, Alfonso Pérez, Juan Méndez e Enrique Pena
De esquerda a dereita, Alfonso Pérez, Juan Méndez e Enrique Pena

A seguridade alimentaria centrará unha xornada informativa que se desenvolverá o vindeiro 5 de maio na Aula de Produtos Lácteos da USC en Lugo en horario de 16:00 a 20:00 horas.
Esta charla informativa, organizada polo Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia e a consultora Grupo PFS, pretende transmitir aos asistentes a importancia da seguridade no sector alimentario a través da implantación dos protocolos internacionais e doutros selos de calidade, como é o caso das marcas de Galicia Calidade ou do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
Ademais de representantes destas marcas, o encontro contará coa participación de responsables de Innolat, a Casa Grande de Xanceda dedicada á produción ecolóxica, Pexego e a Queixería Casleiras. Estes empresarios falarán das súas experiencias reais de aplicación das normativas de seguridade nos produtos destinados ao consumo que elaboran, co fin de dar resposta ás esixencias de calidade de distribuidores e consumidores.
Esta xornada, presentada este venres polo director e o consultor sénior do Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia, Juan Méndez Dónega e Alfonso Pérez Quintáns, e o director asociado da empresa PFS-Grupo, Enrique Pena González, terá entrada gratuíta. Para asistir hai que cubrir un boletín de inscrición que se pode descargar dende a páxina web http://www.ctlacteo.org/seguridad.pdf.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.04.2010.