Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para renovar as inscricións nas escolas deportivas do Campus de Lugo

Dende este luns día 1 e ata o vindeiro 12 de febreiro, as persoas inscritas nas escolas deportivas da USC no Campus de Lugo poden renovar a súa participación para o segundo cuadrimestre.
O prazo para formalizar as novas inscricións comeza o mércores 16 de febreiro.
Para inscribirse en calquera actividade deportiva da USC é preciso estar en posesión do cartón deportivo, que ten unha vixencia dun ano académico. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á Área de Deportes da USC (www.usc.es/deportes).
O Campus de Lugo conta con escolas deportivas de tai-chi, tiro con arco, esgrima, danza oriental, pilates, aerobic ou ioga.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.01.2010.