Pasar al contenido principal

Vitorias para os equipos de tenis da USC nos Campionatos de Galicia

A pasada fin de semana desenvolvéronse en Santiago os Campionatos de Galicia por equipos cadetes, júnior e veteranos mixtos, nos que a USC contou con representación. No Campionato de Galicia por Equipos Cadetes Mixtos a USC acadou unha cómoda vitoria por 4 puntos a 2 nas canchas do Squash Club Santiago na que se xogaba a segunda xornada. Pola súa banda, o equipo júnior do Club USC gañou ao Grupo Bazán de Ferrol. Aínda que o resultado foi de empate a 3, a vitoria dos composteláns decidiuse polo mellor número de xogos acadados fronte aos ferroláns. Na vindeira xornada, na que comeza a segunda volta, os da USC enfrontaranse o sábado 2 de outubro ao Club de Tenis A Pedralba nas canchas santiaguesas. Por último, na terceira xornada do Campionato de Galicia por Equipos de Veteranos Júniors o Club USC logrou a súa primeira vitoria a costa da A.D. Val da Mahía. O resultado foi de 4-3 e decidiuse no último partido de dobres. Na vindeira xornada volverase a producir este enfrontamento, esta vez nas canchas amienses.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.09.2010.