Pasar al contenido principal

750 profesionais procedentes de 40 países coñecen na USC as últimas novidades no eido da psicoxeriatría

Asisten ao congreso 750 profesionais procedentes de 40 países
Asisten ao congreso 750 profesionais procedentes de 40 países

A Facultade de Medicina acolle ata o vindeiro mércores 29 aos 750 profesionais procedentes de 40 países que participan este días no congreso da International Psychogeriatric Association (IPA), organización dedicada aos problemas de saúde mental das persoas maiores. Baixo o lema “Diversidade, colaboración e dignidade” os expertos analizarán os avances e necesidades na atención psiquiátrica ao paciente ancián. A inauguración oficial da xornada celebrouse este domingo nun acto que presidiu o reitor Juan Casares. Ao abeiro do congreso de IPA, estase tamén a celebrar o V Congreso da Sociedad Española de Psicoxeriatría e o X Congreso da Asociación Portuguesa de Xerontopsiquiatría. Entre os asistentes atópanse psiquiatras, xeriatras, neurólogos, psicólogos, profesionais da Enfermaría e do Traballo Social e un longo número de perfís profesionais vinculados co coidado dos maiores. A programación do congreso, estruturado en bloques temáticos paralelos, inclúe a presentación de casos clínicos así como de liñas de investigación actualmente en desenvolvemento, e ofrece a posibilidade de participar en talleres de formación de profesionais.

Trátase dunha temática de actualidade xa que en España, e en particular en Galicia, a porcentaxe de persoas maiores e dos máis altos do mundo, entre o 17 e o 22% da poboación respectivamente.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.09.2010.